Tuesday 07 de May de 2024

A Xunta participa nun foro sobre o papel da muller no Camiño de Santiago e os seus retos de futuro


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na nova edición do foro Mujeres en Noroeste que este ano orientouse á celebración do Xacobeo baixo o título “Mujeres en el Camino de Santiago”, que se celebrou en Xixón no pavillón do Banco Sabadell Herrero, impulsor do foro.

Na súa intervención, Nava Castro resaltou a preparación acadada por Galicia para a celebración deste excepcional Ano Santo dobre e destacou a necesidade de seguir traballando nos retos de futuro do Camiño, non só de cara á celebración do Ano Santo 2022 se non no decenio Xacobeo que nos agarda. Neste sentido, destacou a necesidade de seguir impulsando un Camiño de excelencia, máis sustentable e integrador, que manteña sempre os valores do Camiño.

A directora de Turismo de Galicia compartiu debate coa viceconselleira de turismo do Principado de Asturias, Graciela Blanco, a alcaldesa de Xixón Ana González e a empresaria turística, Patricia Costa.